16.12.10

PARTE DA MIÑA INFANCIA

  As series que máis me gustaban de pequeno eran:Os Simpson, Pokemón, Dragon ball Z, Dexter, Digimon, Motoratas e moitos máis.
A que máis me gustaba era Dragon ball Z por que había xente doutros planetas, tamen no parque con meus amigos xogabamos a que eramos os personaxes da serie, e nos recreos xogabamos os tazos de Dragon ball Z,   chegara a ter a coleccion enteira qe eran 200 tazos e tamen me acordome que de unha vez xogara contra meu millor amigo e perdera meu tazo favorito pero portouse ben e devolveumo porque sabia que me gustaba moito ese tazo. 

 Se isto era o que me gustaba facer na casa, fora da casa gustabame moito andar na bici cos meus amigos, facer carreiras e aprender virguerias... Pero eso si, eran as sete da tarde e todos iamos a casa pola mochila para ir a piraguismo, que eso si que nos gustaba sobre todo as regatas que o pasabamos pipa coñecendo a amigos doutros clubes de toda Galicia, tamen o que nos gustaba despois do entrenamento na piragua era tirarnos a ria que era donde entrenabamos.
Que tempos eran aqueles...Algún dos colegas daquel momento seguen practicando, por exemplo, Cristian Isaac Toro Carballo, que segue no deporte nunha gran escola de piraguismo, na Blume de Madrid, que nestes momentos e campeon de europa en k-1 (piragua de 1 persoa)  e 3º do mundo en k-4 (piragua de 4 persoas).