16.12.10

A MIÑA 1ª BICI

 Recordo perfectamente como conseguín a miña 1ª bici.
 O meu primo mais eu tíñamos moitas ganas dunha bici,  e pedímola polo día dos Reis magos..
 O día de Reis , recordo que coa emoción espertei as 6 da mañá e a carón da árbore de Nadal había algo moi grande envolto nun papel. Enriba desa  cousa grande estaban as miñas zapatillas cunha nota que ponía "Disfrútala" , arrinquei o papel e alí estaba ... A miña 1ª bici , púxenme tan contento que fixen tanto ruido que todos na casa espertaron. Eu quería ir xa a onde o meu primo a enseñarlle a bici , pero non me decataba de que eran as 6h da mañá e que estaría durmindo. Ao final as 9:00 saquei a bici e leveina a casa do meu primo sen montar  nela porque non sabía , chameino e el tamen sacou a súa bici nova. Ningun dos 2 atreviamonos a montar nelas. Esperábamos o un polo outro ata que decidimos montar os dous a vez e tentar andar a de 3.
 Contamos ata 3 en alto : 1... 2.... ehh! 3!! e tentamos pedalear pero ao dar 2 pedais caimos ao chan. Inda que caimos moitas veces non o parabamos de intentar . Recordo que eu acavei sangrando polos codos pero sabendo andar en bici.
Dende aquela sempre iamos a xunto os amigos nas bicis e iamos dar paseos.
 Inda hoxe en día cando fai bo tempo vou dar un pequeno paseo. Loxicamente nunha bici máis grande e mellor.