16.12.10

A MIÑA CADELA IRIS



Lembro que un dia fun a facela compra coa miña nai e ao volver a casa , o meu pai esperábame cunha cría de rotweiler de 2meses. Foi unha sorpresa e púxenme moi contento porque sempre me gustaran os animais. Dende o día que entrou na miña casa levámonos ben e sempre estábamos xogando. Inda que eu intentaba ensinarlle algunhas cousas o meu pai levouna a unha casa a adestrar porque tiña medo que lle fixera algo a miña irmá , que acababa de nacer. Era unha cadela moi boa coas persoas e bastante celosa cos outros animais , moi protectora . Recordo que sempre que ía a paseala pola rúa , moita xente cambiaba de acera ao vela por medo , pero en realidade non facía nada . A maioría cambiaba de aceira e os que non cambiaban sempre me dicían "¿pero que fai un neno tan pequeno cun can tan grande? ¿non te tira ao chan?" e eu respondía que non porque era moi boa e obediente. Morreu con 11 anos , foi un mal día para min porque pola maña antes de ir a clase xa estaba moi rara e cando volvin do instituto xa non estaba e púxenme moi mal. Pra min era como a miña mellor amiga porque sempre estaba a carón miña e durmía aos pes da miña cama , que era bastante incómodo xa que era bastante grande...