26.9.10

Carta a un colega.

                                                                                            Vigo - 23/o9/1o

Ola Adrián. Estou en Vigo e alégrome de que veñas o 7 de Outubro para aquí. Coñezo un sitio para poder ver unha película en versión orixinal, chámase " Gran vía cinemas ". Despois se queres podemos ir bailar a un Karaoke. Xa sei un que se chama " O Castro ". Alí sempre hai rapazas moi cachondas e sempre é festa, ou senón tamén podemos ir a escoitar música Folk na " Cova Céltica ".
Cando sexa a hora de comer che podo levar a un restaurante moi bo para ti. É un restaurante onde ten comida vexetariana, chámase " Tapas Areal ". Os menús custan moi pouco por persoa e a comida é moi boa. A tarde se queres e se non estás moi canso ímos xogar ao fútbol cuns amigos meus que sempre están todas as tardes xogando nun parque.
Cando sexan as 22:00 ou así imos cear ao " Mesón Do Deza ", xa que a comida che gustará e tamén porque é moi barata, só custan 12 € por persoa os menús.
Espero que pasemos este findeSemana xuntos para divertirnos e botarnos moitos risos.
                                                                                                           
Un saúdo.