17.3.10

Rosa Parks

Rosa Parks foi unha muller negra, costureira de oficio, nada en o 4 de febreiro de 1913 en Alabama, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús (1 de decembro de 1955) deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América. Morreu o 24 de outubro de 2005.

Defensora dos dereitos civís estadounidense. Filla dun carpinteiro e dunha mestra, Rosa Louise McCauley (este é o seu nome de solteira) cursou estudos na escola industrial Montgomery Industrial School for Girls e no colexio para mestres Alabama State Teachers College. Finalizados os seus estudos, Rosa casouse con Raymond Parks.
En 1955 tivo lugar o incidente que a faría mundialmente famosa; poucas veces un acto tan nimio tivo tan importantes consecuencias, neste caso, no terreo da loita pola igualdade de dereitos en Norteamérica. Rosa Parks, un humilde modista negra, negábase a ceder o seu asento no autobús a un viaxeiro branco. O condutor chamou á policía e a muller foi detida e obrigada a pagar unha multa de catorce dólares. O feito puxo de manifesto unha vez máis as condicións de segregación a que estaban sometidas as xentes de cor, que tiñan prohibido o acceso a piscinas, escolas, restaurantes e un gran número de servizos públicos exclusivos para os brancos.
O incidente do autobús tivo como primeiro efecto a creación da Montgomery Improvement Association, cuxa finalidade era a defensa dos dereitos civís da minoría negra. Martin Luther King foi o seu presidente. A asociación organizou un boicot aos autobuses de Montgomery que tivo un seguimento masivo e foi un rotundo éxito: durou 382 días e contribuíu a que a causa dos afroamericanos de Montgomery fose coñecida en todo mundo. Como consecuencia diso, o goberno norteamericano viuse obrigado a abolir a segregación nos transportes públicos.