O mal recordo da miña infancia.
O que bou contar agora fai moito tempo atrás, cando eu vivia en Venezuela.
Un día, cando tiña 5 ou 6 anos, xa non me acordo moi ben, estaba paseando coa miña nai polas ruas de Caracas. Víamos de mercar un sorbete de limón cada un. Nós pasamos unha tarde moi contenta, todo foi xenial ata a hora de coller o metro. Ese mesmo día pensei que me perdia e o mesmo pasou, xusto baixar do metro podíanse ver as escaleiras mecánicas e xusto ao lado unhas escaleiras normais e correntes para subir a pé.
Mirei a miña nai e a retei a ver que chegaba antes arriba, ela polas escaleiras mecánicas ou eu polas escaleiras normais. Ela seguiume o xogo e eu fun correndo tan rapido que tropecei dóus veces polo menos, estaba tan ansioso por chegar e gañar que non me din conta de que xa estaba arriba. Empecei a buscar a miña nai feliz e contento, pero non a vin por ningún lado.
Empezaba a chegar arriba máis e máis xente e eu empecei a ter medo. Empezoume a pasar pola cabeza que me deixaba alí só, abandonado, e empecei a chorar e a chamala sen descanso, tiña moito medo, pero despois de pasaren uns minutos apareceu pola escaleira e non o cría. Empecei a correr a xunto dela e abraceina con tantas ganas que ata preocupouse. Cando llo contei ríuse moito pero a vez lle daba pena.
Esta é a razon pola que teño tanto medo ao metro. Eu nunca vou esquecer esta memoria tan mala.