28.10.10

Unha noite de amigos

Trátase dun porto, que dúas persoas se coñecen. Un era inglés e o outro francés. O caso e que cada ún, estaba borracho, pero tamén estaba metido o ladrón. O ladrón estaba vixiando a un italiano que estaba falando nunha cabina de teléfono. Eu non entendía moi ben o que dicía, pero o que sei e que o ladrón querialle chorarlle a carteira, pero veu que non podía, pero entón chegaron os borrachos ( O francés e o inglés) e choroulles a carteira ao dous e fou pao bar.

Dentro de un rato os borrachos entraron no mesmo bar que había entrado o ladrón. Pediron algo, estaban contentos, estaban botando unas risas; pero cando chegou a ora de pagar non tiñan as carteiras. Os dous estaban con tanto medo do dono do bar que os matasen, que non sabían nin que facer. Pero de súpeto chegou a oportunidade, había unha caveira que á utilizaban como moedeiro ou como para aforrar algo, e alí estaba un billete de cen. Intentaron collelo, cos cordóns do zapato, cun nudo. O intentaron moitas veces pero nada.

Cando xa o tomaban por perdido o ladrón que estaba alí vixiando a quen lle podía roubar. O viron roubar aos demais, entón decatáronse que era el quen fora o que lles roubaron. Foron tras el,  fora aló no baño e eles lle deron un puñetazo e lles deu a carteira aos dous. A cuestión era que o ladrón era galego, e quedaron sorprendidos. Tras tanto follón, pagaron as copas que lles debía. Se foron os tres xuntos e tan felices se foron por ai.