Esta curtametraxe trata de dúas persoas que se encontran nun porto e empezan a falar en francés e inglés. Despois foron tomar algo a unha taberna cercana, cando xa beberon uns cantos cacharros, déronse conta de que lles roubaron a carteira antes cando estaban a falar.
Un deles deuse de conta que na barra do bar había un billete e intentou collelo pero non foi capaz.
O ladrón atopábase no bar, e vírono roubar outra carteira. Foron a xunta del e dixéronlle que lles devolvese as carteiras. Este dixo unha expresión en galego. Os dous homes sorprendéronse porque eles tamén eran galegos. Pegaronlle unha malleira e despois pagáronlle o camareiro. Despós de pagar marcharon os tres cantando unha canción en galego.
Dende que marcharon o taberneiro sentiu morriña porque el tamén era galego, este tiña un cartel no cal poñia que se podía falar galego na taberna, pero estaba detrás dunhas botellas e non o puideron ler.